Hórreos da Lavandeira en Imo

No lugar chamado Aldea de Riba, na horta do seu propietario, pechada cun valado de cachotaría, xunto con outras dependencias domésticas. A casa á que pertence é coñecida como a Casa de Cabanas, identificándose co solar nº 8.

A cimentación non é visible, sendo o soporte un celeiro de cemento, con espazo para gardar cosas o seu interior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con cinco fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: non conserva a cruz, tan só a base, de dous bloques cuadrangulares; e, na parte traseira, reloxo de sol sobre base, de esfera cadrada, con gnomon triangular. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é do ano 1758, que se corresponde coa construción da maioría dos hórreos de Imo, polos mesmos canteiros que ergueron a igrexa parroquial. Non hai datos fidedignos, aínda que a familia alegou a existencia de documentación.

Datouse este hórreo, polas súas características, no tempo en que o cultivo do millo acadou total estabilidade na comarca, na segunda metade do século XVIII.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s